Mecanismos

v3

Como se move o que se move.

Un catálogo de mecanismos para entender por que un motor empurra, unha panca ou un engranaxe multiplican a forza, ou unha leva decide cando abrir unha válvula. Cada un explicado, animado e manipulable.

Transmisión lineal do movemento

Tanto o movemento de entrada como o de saída son lineais. Teñen por obxecto aumentar a forza aplicada (panca, polipasto) ou cambiar o sentido da forza (polea simple), e variar o punto de aplicación da forza (panca).

Transmisión circular do movemento

Tanto o movemento de entrada como o de saída son circulares. Teñen por obxecto fundamental variar a velocidade, o que fai que varíe o par (forza que poden facer), nalgúns casos serven para transmitir o movemento a certas distancias (poleas e correa).

Transformación do movemento

Estes mecanismos van a transformar un movemento lineal en circular ou viceversa, as características dos movementos poden ser moi distintas, intermitente, alternativo, continuo...

4 animados10 con texto de 2004, pendentes de animar4 propostos novos para V3
Proxecto
Mecanismos · V3
Orixinal
Antonio Lomba Baz, 2004
Licenza
Pendente
Política de cookies
Pendente
Aviso legal
Pendente
Política de privacidade
Pendente
Contacto
Pendente