Aviso legal
Titular da web
Este sitio web, mecanismos.tecnoloxia.com, é un proxecto persoal de Antonio Lomba Baz. Para calquera consulta podes escribir premendo aquí.
Obxecto
Mecanismos é un recurso gratuíto de divulgación da tecnoloxía e de apoio á súa ensinanza. Explica, con animacións e exemplos reais, como funcionan os mecanismos que transmiten e transforman o movemento. Está pensado para calquera persoa con curiosidade por saber como se move o que se move, e tamén para o alumnado e o profesorado de Tecnoloxía. Non ten fins comerciais nin publicidade.
Propiedade intelectual
Os textos, as animacións e as ilustracións propias publícanse baixo a licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0). Podes copialos, compartilos e adaptalos sempre que cites a autoría, non os uses con fins comerciais e publiques as túas versións coa mesma licenza.
As imaxes doutros autores seguen coa súa licenza orixinal, que se indica no crédito que as acompaña.
Responsabilidade
Os contidos ofrécense con fins divulgativos e didácticos. Procúrase que sexan correctos, pero non se pode garantir que non teñan erros. A web inclúe ligazóns a sitios externos, como Wikimedia Commons ou Creative Commons, sobre cuxo contido non ten control nin responsabilidade.
Datos persoais e cookies
Esta web non recolle datos persoais nin usa cookies. Só garda no teu navegador o idioma que escollas e se tes activado o Modo aula, para lembralo na seguinte visita. Tes máis detalles na páxina de privacidade.