Sobre o proxecto
Que é Mecanismos
Mecanismos é un recurso gratuíto para entender como funcionan os mecanismos que transmiten e transforman o movemento: a panca, as poleas, as engrenaxes, a biela-manivela… Cada ficha explica un mecanismo con animacións que se poden manexar, exemplos reais e preguntas para comprobar o aprendido. Está pensado para o alumnado e o profesorado de Tecnoloxía, e para calquera persoa con curiosidade por saber como se move o que se move.
Quen o fai
Son Antonio Lomba, enxeñeiro de deseño, cálculo e construción de máquinas. Fun profesor de Organización de proxectos de fabricación mecánica en varios centros galegos e de Tecnoloxía no IES A Sangriña da Guarda.
Historia
- 2004. Fixen a primeira versión de Mecanismos, en galego, como recurso didáctico para as miñas clases e para que outros profesores puidesen usalo en internet. Daquela, un recurso interactivo e con animacións era unha novidade.
- Mecanismos V2. Unha segunda versión, en galego e castelán, que estivo en liña moitos anos.
- 2021. As animacións estaban feitas en Flash, e a principios de 2021 os navegadores deixaron de reproducilo. A web deixou de poder verse, pero conserveina coa esperanza de facer unha versión nova.
- 2026. Mecanismos V3, feita de novo coa axuda da intelixencia artificial. As animacións funcionan en calquera navegador, tamén no móbil. Aínda se pode ver a portada orixinal de 2004.
tecnoloxia.com
Mecanismos forma parte de tecnoloxia.com, o meu dominio dende hai moitos anos. Durante boa parte da miña carreira docente useino como blog para ter informado ao meu alumnado.
Contacto e licenza
Podes escribirme premendo aquí. Os contidos propios publícanse coa licenza CC BY-NC-SA 4.0.