Mecanismosv3

Privacidade

Responsable

O responsable desta web é Antonio Lomba Baz. Podes escribirlle premendo aquí.

Que datos se recollen

Esta web non che pide nin recolle datos persoais: non hai rexistro de usuarios, nin formularios, nin estatísticas de visitas, nin cookies.

Rexistros do servidor

Como calquera servidor web, o do provedor de aloxamento garda de forma automática un rexistro técnico de cada visita: o enderezo IP, a data e a hora, a páxina pedida e o navegador. Este rexistro serve para o funcionamento e a seguridade do servidor. Esta web non o usa para identificar a ninguén nin para ningún outro fin.

Preferencias gardadas no teu navegador

Se escolles un idioma ou activas o Modo aula, a web gárdao no teu propio navegador para lembralo na seguinte visita. Esa información non sae do teu dispositivo e podes borrala cando queiras eliminando os datos do sitio na configuración do navegador.

Ligazóns a outras webs

Algunhas páxinas levan ligazóns a sitios externos, como Wikimedia Commons ou Creative Commons. Se as segues, aplícase a política de privacidade de cada un deles.

Cambios nesta política

Se no futuro se engade un formulario de contacto ou estatísticas de visitas, esta páxina actualizarase para explicar que datos se recollen e para que.

Proxecto
Mecanismos · V3
Autor
Antonio Lomba
Orixinal
Antonio Lomba 2004
Licenza
CC BY-NC-SA 4.0
Cookies
Sen cookies
Aviso legal
Consultar
Privacidade
Consultar
Contacto
Escribir